A semana que vén teremos unha nova edición de DataBeers Galiza
venres, 23 de xuño do 2017
O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN)
celebra o vindeiro 29 de xuño o DataBeers
Galiza, un evento de networking
que se nesta terceira edición desenvolverase na Sala Eisenman da Cidade da
Cultura a partires das 19:30 horas. A asistencia é de balde, pero ante as
limitacións de aforamento será preciso inscribirse
en liña para poder acudir.
DataBeers Galiza procura aumentar a alfabetización no mundo dos datos dunha
forma accesible e amable, Os eventos DataBeers teñen ademais un elemento
secundario, a cervexa, que actúa como nexo facilitador da interacción entre
todos os asistentes. O público xoga un papel importante, xa que pode participar
e compartir impresións durante as charlas, creándose unha comunidade activa en
torno ao mundo dos datos.
Nesta ocasión abrirá o evento Andrés GarcÃa-Rodeja, director do CEIN e recente
gañador do Premio Traxectoria Profesional do Colexio Profesional de EnxeñerÃa
Informática de Galicia cun relatorio que leva por tÃtulo Hai algún Data Scientist na sala?. Celia López, responsable de
produto en proxectos de intelixencia de negocio, e Fernando Branco, responsable
de desenvolvemento de front-end e
visualización avanzada de información en DXC Technology, falarán sobre O Shu, o Ha e o Ri.
A continuación David Losada, profesor titular de universidade e Investigador senior
asociado ao CiTIUS, exporá os seus traballos sobre MinerÃa de Textos para a Detección Temperá de Riscos: o Caso da
Depresión, e por último, Elias Castro González, xefe de proxectos Business
Intelligence na área de Analytics para Sanidade de DXC Technology, pechará a
edición de DataBeers Galiza co relatorio Datos
que salvan vidas. O medicamento do futuro.
