A sinatura electrónica e as súas vantaxes, a debate estes dÃas na USC
luns, 26 de novembro do 2007
A Universidade de Santiago abre esta semana facendo especial fincapé nas novas tecnoloxÃas da información e no que representan para a comunidade educativa e para a sociedade en xeral. E faino con dous encontros xemelgos en Santiago e Lugo, este luns 26 e mañá martes 27, respectivamente. O primeiro deles estase a celebrar arestora na Facultade de Matemáticas de Compostela e, do mesmo xeito có segundo, céntrase sobre todo na difusión dos usos e vantaxes da sinatura electrónica entre o colectivo universitario (explicándose os fundamentos técnicos e legais desta sinatura, asà como exemplos de boas prácticas).
O segundo abordará (como dixemos) a mesma temática, e desenvolverase na Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo. Ambas xornadas abren a primeira hora da mañá e van encamiñadas a cubrir con actividades toda a liña de teorÃa e coñecementos (primeiro) e práctica (despois) que parte do concepto de sinatura electrónica. Ou sexa, que amais do programa de intervencións habilitaranse oficinas de rexistro, entre as 9:30 e as 13:30 horas, para que todas os universitarios interesados podan obter o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre descargándoo na Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI).
Por certo que os universitarios que realicen o trámite recibirán como agasallo un lector de tarxetas con conexión USC para conectar ao seu ordenador persoal, ata finalizar existencias, segundo sinala a Universidade.
