A sucesora da Xbox poderÃa interactuar cos receptores de televisión de pagamento
mércores, 10 de abril do 2013
Os rumores apuntan a que o mes que vén Microsoft presentará
a consola de videoxogos que sucederá á Xbox 360, e dende o blog tecnolóxico The
Verge adiantan en exclusiva que a
nova consola vai apostar con decisión por converterse no corazón multimedia do
salón doméstico, chegando incluso a casar coas transmisións de televisión
incorporándolles elementos ricos na liña de Google TV. Deste xeito, os usuarios
de servizos de televisión de pagamento poden conectar o seu receptor coa nova
Xbox a través de HDMI, permitindo que a consola incorpore á imaxe información
sobreimpresa, o que abrirá a porta a múltiples funcionalidades que chegará a
través de alianzas de Microsoft con provedores de contidos.
Entre as bondades de combinar a televisión coa Xbox estarÃa o feito de que a
nova consola contará cun sensor Kinect de nova xeración, que poderÃa detectar á
xente que está a ver a televisión e incluso facilitarÃa funcións como a de
pausar os contidos cando os espectadores miren para outro lado (na liña do que
xa fai o Samsung GALAXY S 4 no móbil).
AÃnda que estas novas funcionalidades cheguen inicialmente a través dunha
consola de videoxogos de nova xeración, non desbotan a posibilidade de que no
futuro cheguen nunha especie de Xbox de baixo custo, que estarÃa centrada na
televisión (que hoxe xa é un uso moi habitual para as consolas de videoxogos
nos EE.UU., onde están dispoñibles plataformas como Netflix).
