A tecnoloxía Blockchain centrará un congreso en Compostela
martes, 12 de setembro do 2023
Entre os días 28
e 30 de setembro celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
en Santiago de Compostela o I Congreso
Internacional Blockchain de Galicia (BlockGalicia 2023), un evento que busca
introducir na tecnoloxía das cadeas de bloques e pór ao día das súas últimas novidades
da man de referentes do sector.
Serán tres días de experiencias e relatorios centrados na tecnoloxía blockchain
desde todas as súas perspectivas: legalidade, seguridade, gaming,
divulgación, proxectos destacados, metaverso, NFT… na que os asistentes terán
unha ampla visión das principais incógnitas e as últimas novidades do sector.
A cita está organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de
Telecomunicación de Galicia (COETTGA) e a Asociación Galega de Blockchain e IoT
(AGALBIT) e está promovido e impulsado por DEXTools e a Xunta de Galicia.
Por primeira vez reúnense en Galicia referentes do sector da tecnoloxía das
cadeas de bloques como Gael Sánchez Smith, Cristina Carrascosa, Koh Onozawa,
Eneko Knorr, Carlota Corzo, Dani Cerqueiro, Pablo López, Alex Fernández, Adriá
Llorens, Eneko Astorkiza, Mihail Mitev, Javier Palomino, Pablo Ojanguren, Joan
de Ramón, David Noya, Miguel Ángel Romero, Katricyan, Jesús Lorente, Gabi
Urrutia, Carlos Celorrio, Dani Valdés, Danyl Shatko, Uxío Fraga, Xavier Baldó e
José Antonio Suárez, Carlos Lorenzo, Fonso Rodríguez, entre outros.
Programa de BlockGalicia 2023
28 de setembro
–10:00 - 10:30 – Benvida + Presentación
–10:30 - 12:00 – Fundamentos de
Blockchain (Gael Sánchez Smith)
–12:00 - 13:00 – Como operar con
criptomoedas (Antonino Comesaña)
–13:00 - 14:00 – Introdución aos NFT (David
Noya)
–14:00 - 16:00 – Pausa para xantar
–16:00 - 17:30 – Seguridade e Carteiras
(Uxío Fraga) + Sorteo de Carteiras
–20:30 - 0:00 – Cea VIP + verificación
previa
29 de setembro
–9:00 - 10:00 – Acreditacións + Verificación
–10:00 - 10:30 – Breve Benvida (Rafa
Durán)
–10:30 - 11:00 – Presentación (Katrycian), Novas oportunidades no sector
Blockchain
–11:00 - 11:30 – Presentación (Pablo López), DEXFI, introdución aos
mercados descentralizados
–11:30 - 12:00 – Inauguración oficial
–12:00 - 12:30 – Pausa café + Networking
–12:30 - 13:30 – Mesa Redonda (Fintech +
Bancos) (EOS + EthicHub +Abanca) Moderada por Roberto Bértolo
–13:30 - 14:00 – Presentación (Carlos Celorrio), A tokenización como novo
paradigma económico
–14:00 - 16:00 – Pausa para xantar
–16:00 - 17:30 – Panel (Blockchain Solidariedade e iniciativas
sustentables) (Aclad + Lazzaro + ElrondFight) Moderado por Dani Cerqueiro
–17:30 - 18:30 – Mesa redonda (NFT, Gaming e Metaversos) (Anel Exterior +
Litlab + Yaiza Rubio + Fonso Rodríguez) Moderada por David Noya
–18:30 - 19:00 – Presentación (Eneko Astorkiza) - (Gardar o teu bitcoin,
tipo de carteiras e custodia)
–20:30 - 0:00 – Cea VIP
30 de setembro
–9:00 - 10:00 – Acreditacións + Verificación
–10:00 - 11:30 – Mesa redonda (Empresas líderes en España) - (Javier Palomino
+ Álex Fernández + Koh Onozawa) Moderado por Fréderic Fernández
–11:30 - 12:00 – Presentación (Mihail Mithev) - (Herdanzas dixitais)
–12:00 - 12:30 – Pausa café + Networking
–12:30 - 13:30 – Mesa Redonda (Seguridade Blockchain e Ciberseguridade) - (Pablo Ojanguren + Gabi
Urrutia + Miguel Ángel Romero) Moderado por Pablo López
–13:30 - 14:00 – Presentación (Eneko Knorr) -
(Stabolut e os retos das moedas estables)
–14:00 - 16:00 – Pausa para xantar
–16:00 - 16:30 – Presentación (Jesús Lorente) (
"Criptotaxes: até que a morte nos separe?")
–16:30 - 17:30 – Mesa Redonda (Normativa e fiscalidade) - (Cristina
Carrascosa + María Extremadouro + Jesús Lorente + Adrià Llorens) Moderada por
Juan Juega
–18:30 - 19:00 – Discurso de clausura
–20:30 - 0:00 – Cea VIP
Sorteo
Se queres acudir de balde ao evento, podes participar no sorteo de 1 entrada VIP e 5 entradas normais.