A última actualización da PS3 engade o soporte de BD-Live
martes, 25 de marzo do 2008
Sony publicou a versión 2.2 do firmware da
PlayStation 3, de xeito que xa se poden actualizar as consolas actuais conectándoas
á Internet, o que engade
o soporte do perfil Blu-ray 2.0, tamén coñecido coma BD-Live, de xeito que
abre a posibilidade de descargar contidos adicionais (clips, xogos, fondos de
escritorio ou tons de chamada) de pelÃculas en discos Blu-ray.
A actualización tamén mellora a reprodución
de ficheiros DivX e WMV, soportando agora ficheiros de máis de 2 Gb.
