A vindeira edición Ciberseguridade no cole! será a de maior participación
martes, 10 de outubro do 2023
A III edición do
concurso Ciberseguridade no cole! para alumnos de 10 a 14 anos, que
promove Telefónica, volveu unha vez máis a bater marcas de participación, tras pechar
onte o perÃodo de inscricións con 265 clases de Primaria ou Secundaria,
correspondentes a 114 colexios de toda Galicia. Isto supón un incremento do
69% do número de clases e un 137% máis de colexios que o ano pasado, o que
revela unha crecente preocupación da comunidade educativa pola ciberseguridade
dos alumnos e unha clara vontade do profesorado galego por implementar desde as
idades máis temperás unha adecuada cultura de seguridade dixital.
A convocatoria
está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO. O obxectivo
do concurso é fomentar a concienciación en materia de ciberseguridade no ámbito
escolar, e facilitar que os alumnos adquiran os coñecementos e as ferramentas
necesarias para facer fronte aos riscos que entraña o uso dos medios dixitais,
ademais de promover unha cultura de ciberseguridade entre os adolescentes.
Os centros
educativos correctamente rexistrados serán informados a partir de mañá vÃa
correo electrónico cos detalles da súa participación e os requisitos técnicos
(equipo informático con conexión a Internet) necesarios para a primeira fase
inicial en liña do concurso, que se celebrará o 18 de outubro. Será requisito
necesario rexistrarse utilizando un correo electrónico do propio centro escolar
para validar a súa participación. Posteriormente daranse a coñecer os 3 equipos
finalistas de cada categorÃa (Primaria e Secundaria), que serán convidados a
participar na fase final presencial que se celebrará o dÃa 3 de novembro na
Cidade da Cultura de Santiago durante o Encontro CIBER.gal, onde serán anunciados
os gañadores.