A vindeira edición do Tecnimap tratará de definir a Administración 2.0
mércores, 7 de novembro do 2007
Entre os dÃas 27
e 30 de novembro Xixón acollerá unha nova edición de Tecnimap, o encontro que xunta dende 1989 a representantes das
TIC das distintas administracións públicas, empresas do sector e outros
expertos relacionados con estes ámbitos, e que en 2002
recalara na cidade de A Coruña.

- Ana Rosa Migoya, Elena Salgado e Paz Fernández Felgueroso durante a sinatura do convenio de colaboración para a organización da presente edición do Tecnimap
O evento prevé a asistencia de 5.000 persoas e 250 empresas e está organizado
de xeito conxunto polo Ministerio de Administracións Públicas, o Principado de
Asturias e o Concello de Xixón, incorporando como novidade a apertura do
encontro ós cidadáns, que se poderán achegar para coñecer máis directamente as
posibilidades da Administración electrónica.
Esta décima edición das xornadas servirá para a concesión dos 3 Premios
Tecnimap, un para cada nivel das administracións, cos que se distinguirán as
iniciativas que destaquen por facer máis doada a comunicación entre os cidadáns
e as Administracións Públicas, fomentar o acceso ós servizos públicos,
favorecer a inclusión social ou transformar os servizos mediante a súa
modernización e simplificación.
O programa
da vindeira edición de Tecnimap desenvólvese baixo o lema de Administración 2.0: novos servizos, novos
dereitos.
