A vindeira fin de semana terá lugar o IV Maratón PodcastBlog
luns, 27 de abril do 2009
O vindeiro sábado
2 de maio a partir das 00:01 horas (GMT) blogueiros e podcasteiros de todo o
mundo en fala hispana participarán no IV
Maratón de PodcastBlog, que durante unhas 50 horas debaterán en directo
sobre temas relativos á Internet, os blogs, o podcasting e outros temas
relacionados, aÃnda que tamén será posible descargar as distintas intervencións
para escoitalas en diferido,
atendendo ao espÃrito podcasteiro do
evento.
Os debates e charlas estarán moderados dende máis de 80 cidades de todo o
mundo, agardando a participación de máis de 1.000 persoas. O seguimento do
evento poderase facer por distintos medios, entres os que está Twitter, plataforma a través da que
actualmente están a confirmar moitos dos detalles do maratón, e no programa
de actividades incluso nos sorprende unha intervención dende Lugo, que
atribuÃmos a Raúl Ordóñez, quen
nos últimos dÃas tamén participou no I Iniciador Coruña.
