A vindeira semana constituiranse os Colexios Profesionais de EnxeñerÃa en Informática
martes, 4 de decembro do 2007
Os dÃas 14 e 15 de decembro celebraranse no Auditorio de Galicia (Santiago
de Compostela) as asembleas constituÃntes
do Colexio Profesional de EnxeñerÃa Técnica en Informática (CPETIG) e do Colexio Profesional de EnxeñerÃa en
Informática (CPEIG) respectivamente, co que a Asociación de Enxeñeiros en
Informática de Galicia (AIEG) ve cumprido o seu principal obxectivo dende a súa
creación en 1992.
Con estes novos organismos Galicia converterase na décima comunidade autónoma
con colexio profesional de EnxeñerÃa en Informática e a sexta no caso da
titulación técnica, atendendo ás leis de creación publicadas en decembro de
2006, atendidas por dúas comisións xestoras encargadas de realizar o traballo
necesario para chegar ás próximas asembleas constituÃntes.
Para a xunta de goberno do CPETIG só existe unha candidatura encabezada por
Leticia Diz Bengoche, mentres que o CPEIG deberá celebrar eleccións para
decidir entre as candidaturas presentadas por MarÃa José Durán DomÃngez e Fernando
Suárez Lorenzo.
