ABANCA adapta a súa aplicación móbil a iOS 9 e aos novos iPhone

xoves, 19 de novembro do 2015 Marcus Fernández

A nova versión da aplicación móbil de ABANCA para dispositivos Apple está dispoñible para a súa descarga dende hoxe na App Store, incluíndo a meirande parte dos avances que Apple lanzou a primeiros de setembro nos seus novos terminais, iPhone 6s e 6s Plus, e en iOS 9, de xeito que ABANCA sería a primeira entidade financeira de España en facer tal. Os clientes terán ao seu alcance as melloras na experiencia de uso que introduce a tecnoloxía 3D Touch e os novos xestos Peek e Pop, sempre que os seus terminais sexan compatibles.
Outro dos avances pioneiros no sector que trae esta versión é a integración con Spotlight, que facilita a información de oficinas e operacións frecuentes no propio buscador do dispositivo dunha maneira intuitiva. A nova aplicación móbil de ABANCA consegue que a comunicación co dispositivo Apple Watch estea agora máis integrada e permite compartir notificacións de acceso seguro, así como información de oficinas e caixeiros próximos.
A actualización incorpora un acceso máis rápido á correspondencia e recolle todas as comunicacións recibidas, tras unificar e-correspondencia e As miñas solicitudes. Tamén agrega un novo menú lateral de configuración e inclúe pequenas melloras de usabilidade, rendemento e corrección de errores. Ademais, permite aos clientes sen claves de acceso ou non clientes cursar a petición de alta no servizo dende o seu propio móbil.