ARTeria Noroeste retoma a súa proposta formativa tecnolóxica para este outono

xoves, 4 de setembro do 2008 Raquel Noya

O edificio visto no caderno Respiraelviento de Flickr.

ARTeria Noroeste, unha iniciativa de SGAE/Fundación Autor, retoma a súa proposta formativa en Santiago de Compostela, tralo parón do estío, cun novo elenco de ofertas formativas a través da iniciativa ARTENET, unha ferramenta que promove a adaptación dos creadores ás novas tecnoloxías, ben sexan amateurs ou profesionais.
Deste xeito, a SGAE quere satisfacer a demanda de opcións formativas para a comunidade creadora en Galicia e faino a través de iniciativas propias así como canalizando propostas de institucións como AGADIC ou ESAD.
A entidade de xestión de dereitos está a consolidar, deste xeito, unha liña de colaboración con outras organizacións baseada no obxectivo común de “abrirlle camiños ao talento galego”.
Os interesados en participar nos distintos obradoiros ofertados poden solicitar información ou reservar praza a través do correo electrónico: formación.noroeste@arteriamultiespacios.com ou a través do teléfono 981569183.
A listaxe de iniciativas formativos no recinto compostelán para este outono son as que seguen:

- Obradoiro de produción escénica. Organizado polo CCG/AGADIC. Do 8 ao 12 de setembro (20 horas).

- Produción, xestión e distribución de espectáculos. Organizado por Fundación Autor e AGADIC. Do 22 de setembro ao 15 de decembro (96 horas).

- Corpo creativo. Do laboratorio á escena. Organizado pola ESAD. Do 17 de setembro ao 3 de decembro (30 horas).

- Expresión oral. Organizado pola ESAD. Do 22 de setembro ao 15 de decembro (30 horas).

- Interpretación: da análise á acción. Organizado pola ESAD. Do 24 ao 28 de novembro (20 horas).

Cursos ARTENET. Tecnoloxía aplicada á creación.
A rede de formación creada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) a modo de ferramenta para promover a adaptación dos creadores ás novas tecnoloxías, ARTENET, tamén impartirá diversos cursos na capital galega:

- Pro Tools. Do 16 ao 25 de setembro

- Avid . Do 29 de setembro ao 9 de outubro

- Cubase. Do 13 ao 23 de outubro

- Creación audiovisual. Do 27 de outubro ao 7 de novembro

- Informática musical. Do 10 ao 15 de novembro

- After effects. Do 24 de novembro ao 4 de decembro
Todos eles contarán, segundo veñen de asegurar os seus responsables, “con docentes de alto nivel e os medios técnicos máis avanzados”.