ASIMELEC convoca a segunda edición dos seus premios de xornalismo e Sociedade da Información

venres, 12 de decembro do 2008 Raquel Noya

O vindeiro día 16 de decembro, ASIMELEC, a Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións, vai celebrar a segunda edición dos seus Premios Periodismo y Sociedad de la Información 2008, que recoñecen a difusión das novas tecnoloxías do dixital a través dos medios de comunicación do territorio español. Logo da “excelente acollida” que tiñeron estes premios o pasado ano, o director xeral de ASIMELEC, José Pérez, presaxia que “este ano será aínda mellor e os premios consolidaranse”, xa que, di, consideran aos mesmos “como claves no desenvolvemento tecnolóxico dun país”, polo que recoñece enchelos de orgullo, tanto a el como aos demais responsables dos galardóns, “poder recoñecer este labor”.
Ao igual que o pasado ano, os galardóns clasifícanse en dúas categorías. Por unha banda, entregaranse tres premios de honra destinados aos medios de comunicación en recoñecemento ó seu labor de difusión sobre, Mellor labor de difusión da Sociedade da Información, Mellor labor de difusión sobre Medio Ambiente e Mellor labor de difusión da I+D+i española; e outros tres premios dotados económicamente que se outorgarán aos traballos xornalísticos que concurran á convocatoria e que se publicaran ou emitiran en prensa escrita, audiovisual ou en liña española sobre os seguintes temas:

- Mellor traballo xornalístico sobre Sociedade da Información.

-Mellor traballo xornalístico sobre Seguridade das TIC.

-Mellor traballo xornalístico sobre Ofimática e Xestión Documental.

Na pasada edición, ASIMELEC, distinguiu os traballos de: ElPaís.com, Expansión, Instalación Profesional, Repropress, Cinco Días, Corporación Radio e Televisión Española, que recibiu unha mención especial á programación de Radio 5.