Ábrese a inscrición para a nova edición de Coruña Bloggers

luns, 21 de maio do 2018 Marcus Fernández

Hai un par de anos celebrouse no Bergin Afterwork Bar da Coruña a primeira edición de Coruña Bloggers, contando como relatores a Isabel Grandal Chela e a David Serantes, e decidiron que a súa 18ª edición servise para celebrar o segundo aniversario deste encontro solidario repetindo protagonistas, para facer así un bo balance dunha iniciativa que consiguiu achegar 2.347 quilos de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica da Coruña, confiando en superar os 3.000 quilos antes de rematar o presente ano.
A nova edición de Coruña Bloggers terá lugar o vindeiro día 30 ás 19:30 horas no salón de actos da Fundación Barrié, para o que xa está aberta a solicitude de inscricións, lembrando aos asistentes que a actividade é de balde, pero prégase acudir cun mínimo dun quilo de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica.
Abrirá a sesión Isabel Grandal Chela, autora do blog Jubilada Jubilosa, quen iniciou o seu blog tras a súa xubilación, como un xeito de estar en contacto co mundo, e que impartirá unha charla titulada El ayer y el hoy del blog de una jubilada jubilosa.
Completará a parte máis formal do encontro David Serantes, quen impartirá un relatorio titulado Entre el post e o pre, no que falará do que aconteceu nos últimos anos coa información en rede, os datos, as ferramentas colaborativas e sociais e as tendencias que están a chegar, como a intelixencia artificial, os chatbots, a realidade virtual e aumentada, o 5G, os coches autónomos ou os cascos neuronais.
Tras as charlas, os asistentes trasladarante a un local de hostalaría próximo, para continuar a sesión de networking.