Ábrese a inscrición para o XIV Coruña Bloggers

luns, 22 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

O encontro solidario mensual Coruña Bloggers celebrará a súa 14ª edición o vindeiro día 31 na Fundación Barrié, buscando xuntar a numerosos profesionais e entusiastas dos blogs, a tecnoloxía, a Internet e as redes sociais ao redor dun par de relatorios, e para o que vén de abrirse a inscrición.
Esta xornada abrirá cunha charla de Xulio Ferreiro, alcalde da cidade da Coruña, que non terá o formato habitual do evento, senón que consistirá nunha conversa entre o edil e Marcos Sanluis, xefe de programas e contidos de Radio Coruña Cadena SER, e Lara Vivero, xornalista de Onda Cero, na que abordarán temas como o mundo dos blogs ou a visión de Ferreiro sobre as redes sociais.
A esta charla seguiraa a de Raúl Ordóñez, director de Sherpa Digital, que baixo o título de Amigo blog, contigo empezou todo impartirá un relatorio no que falará sobre como o mundo funciona con blogs e como vivimos rodeados deles.
A cita continuará nun local de hostalaría próximo, La Taberna de Rita, para facilitar o networking entre os asistentes, aos que prégase que acudan a Coruña Bloggers cun mínimo de un quilo de alimentos non perecedoiros para achegar á Cociña Económica.

PUBLICIDADE