Ábrese a solicitude de invitacións para o vindeiro Coruña Bloggers
luns, 18 de xuño do 2018
O vindeiro día 27 ás 19:00 horas terá lugar a XIX
edición de Coruña Bloggers, encontro que cada mes xunta a apaixonados ás
tecnoloxías, os blogs, as redes sociais e outras temáticas tanxenciais na
Fundación Barrié da Coruña para escoitar un par de relatorios e completar a xornada
cunha sesión de networking nun local
de hostalaría próximo.
Este evento de carácter solidario (os asistentes deben achegar un mínimo de 1
quilogramo de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica a xeito de
billete) precisa
de invitación para o control da asistencia, que nesta ocasión será
limitada, xa que en vez de desenvolverse as charlas no auditorio, trasládanse a
unha sala do cuarto andar do edificio, de xeito que limitan o aforo a 40
persoas.
- Imaxe de Marta Falcón na súa anterior intervención en Coruña Bloggers
O primeiro relator deste encontro será Iván Cernadas, blogueiro que falará
de SEO e copywriting, ou sexa, que compartirá consellos de redacción de
contidos para atraer tráfico e público na Rede.
Collerá o relevo Marta Falcón,
que repite en Coruña Bloggers cunah actividade especial, xa que esta deseñadora
de servizos vai facer que os presentes desenvolvan unha dinámica práctica en
grupos para ver a importancia de pensar fóra
da caixa á hora de proxectar os contidos dun blog.