Acer ICONIA, novo equipo con 2 pantallas táctiles
martes, 23 de novembro do 2010
O concepto de tablet
de dobre pantalla que achegaba Courier vén
de ser recuperado por Acer e o seu novo ICONIA, equipo que con 2 pantallas
táctiles de 14 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles cada unha pretende
combinar prestacións de tablet cun formato de portátil tradicional que funciona
cun procesador Intel Core i5, 4 Gb de RAM, de 320 a 750 Gb de disco duro, tarxeta
gráfica Intel HD con saÃdas VGA e HDMI, webcam, 2 portos USB 2.0, 1 porto USB
3.0, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, 3G, Bluetooth 3.0 e sistema operativo Windows 7,
que pese a alzarse coma un produto revolucionario e atractivo, ten un par de
elementos que ensombrecen o seu anuncio, coma o feito de que a súa baterÃa só
teña 4 celas (o que permitirÃa unha autonomÃa de só 2-3 horas) e o
seu prezo fose duns 2.200 euros (polo que é de agardar que a súa
distribución estea moi limitada).
- Unha das pantallas táctiles do Acer ICONIA poder facer ás veces de teclado virtual