Acer podería liderar o sector dos ultraportátiles de baixo custo

luns, 3 de novembro do 2008 Marcus Fernández

2 das 4 cores nas que se vende o Acer Aspire One

Nun momento no que se encolle o mercado de consumo sorprende a boa saúde da que gozan as vendas dos ultraportátiles de baixo custo, dos que o buque insignia é o Asus Eee PC, que non por ser dos primeiros equipos deste tipo en comercializarse implica unha posición insuperable no mercado, e dende Acer poderían superar co seu Aspire One ao Eee de cumprir coas previsións para este ano (xa que agardan vender 6 millóns de unidades fronte ás 5 dos ultraportátiles de Asustek).
Se ben ambas compañías están a manexar unhas cantidades moi semellantes, os equipos baixo a marca de Asus levan moitos máis meses a comercializarse, polo que a forza comercial de Acer parece fundamental nas boas vendas (lembremos que o Eee PC non era capaz de satisfacer a demanda inicial e chegou a países coma España con bastante meses de retraso, perdendo a oportunidade de ser o primeiro fabricante en traer este tipo de produtos ao noso mercdo). Así, para o último trimestre do ano Acer podería superar nun 50% das vendas de Asus, e agardan colocar entre 12 e 15 millóns de ultraportátiles en 2009.