Ad-Aware celebra o seu 10º aniversario cunha nova versión de balde
luns, 19 de xaneiro do 2009
Softonic estreou
en primicia a aplicación Ad-Aware Free
Annivesary Edition 8.0.0, que celebra o décimo aniversario deste programa
que loita contra o spyware, adware, troianos e outros tipos de software
malicioso, que na súa nova versión está moi optimizado para un menor consumo de
recursos e a análise de ficheiros en segundo plano.
O programa tamén permite establecer puntos de restauración, colocar ficheiros
en corentena, protexer en tempo real o noso sistema e incluso retoma
o seu sistema de actualizacións automáticas.

