Adamo di que 45 concellos lucenses perderán liñas de teléfono fixo polo apagamento do cobre

mércores, 28 de febreiro do 2024 S. P.

A operadora Adamo, centrada no ámbito rural, vén de emitir un comunicado no que reflicte as consecuencias que tería, baixo a súa óptica, o peche da rede de cobre previsto por Telefónica. Na súa nota Adamo reflicte datos da CNMC (Comisión Nacional do Mercado de Telecomunicacións) e do INE, na que se fai saber que 6.200 familias rurais residentes en 45 dos 67 concellos de Lugo perden a liña fixa e o Internet ADSL (de telo) en 2024, a inmensa maioría antes do 19 de abril.
Eses fogares atópanse hoxe en risco de illamento e, segundo Adamo, de non migrar á fibra óptica perderán tanto o fixo como a conexión a Internet. Ante esa tesitura, Adamo ofrece aos prexudicados polo apagamento a súa rede implantada na provincia.
As vilas pequenas e as aldeas, as peor paradas
Este corte de conectividade, que afecta especialmente as localidades de menor tamaño, débese ao apagamento da rede de cobre sobre o que a propia CNMC leva tempo realizando comunicacións. Como consecuencia, aqueles usuarios que carezan agora de fibra óptica e non migren a ela quedaranse sen teléfono fixo e sen Internet.
Alternativa para 6.200 familias rurais
Adamo lembra que nestes 45 concellos lucenses residen, polo menos, 6.200 familias damnificadas por este apagamento, “unha parte das cales atópase agora en serio risco de illamento”. Para operadora, isto compensarase coa existencia de empresas como Adamo e da cobertura que poñen en xogo, polo que a compañía pon ao dispor deses fogares a súa vasta rede de fibra óptica, especialmente enfocada ao ámbito rural.
Solucións específicas para cada tipo de familia
Adamo, de entrada, permitirá conservar o número de teléfono, o cal pode chegar a ter ata 100 anos e ser un vínculo entre parentes afastados ou de importancia para pequenos negocios. Pero, ademais, o operador ofrece opcións para distintos perfís:
-Internet a través de fibra óptica de 400 Mb desde 26 euros ao mes (prezo definitivo).
-Paquetes con velocidades de navegación de ata 1.000 Mb (que segundo Adamo poden cubrir de xeito folgado as necesidades dunha familia) con liña móbil de 20 GB por 25 euros mensuais durante 9 meses (prezo promocional).
-Todos os packs permiten engadir liñas móbiles e televisión á carta: Adamo TV está dispoñíbel desde 3 euros ao mes.
Oferta e atención específicos para maiores de 65 anos
Ademais, na arela de “colaborar no peche da fenda dixital en cada recuncho do país”, Adamo acaba de crear un paquete exclusivo para persoas de 65 anos ou máis, que inclúe fixo con bono de chamadas a móbiles, Internet para casa e móbil con 12 GB tamén por unha tarifa definitiva de 26 euros ao mes. Así mesmo, a compañía pon en marcha un servizo de atención personalizada para este grupo de idade, dispoñible no teléfono 900 651 665.
Os 45 concellos afectados
A Fonsagrada, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, Cospeito, Foz, Friol, Guitiriz, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, O Incio, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Pol, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Sarria, Taboada, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

PUBLICIDADE