Aínda é posible inscribirse para a vindeira edición de Coruña Bloggers

luns, 27 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Este mércores o salón de actos da Fundación Barrié na Coruña servirá de escenario para a oitava edición de Coruña Bloggers, encontro que abriu a súa inscrición a semana pasada, superando xa os 140 convites entregados segundo comentan dende a organización (o que podería supor un máximo de asistencia), de xeito que aínda teñen aforo dabondo para recibir a máis entusiastas do mundo dos blogs e da comunicación a través da Internet, que poderá participar de balde nesta actividade, pregándose que os asistentes acudan cun mínimo de un quilogramo de alimentos non perecedoiros para achegar á Cociña Económica, o que converte esta cita nun evento solidario que no mes de maio celebrará o seu primeiro aniversario.
Os interesados en asistir deben inscribirse en liña, o que permitirá acceder ao recinto ás 19:30 horas para poder escoitar inicialmente a conferencia de Patricia Cortés, moza escritora e estudante de Educación Infantil na UDC, que dará consellos para a creación dun blog de éxito e calidade; mentres que o a seguinte intervención irá dirixida a dar trucos sobre como falar en público, achegados por Mario López Guerrero.
Coruña Bloggers celébrase os últimos mércores de cada mes, aínda que no mes de maio, para celebrar o primeiro ano de vida desta actividade, mudarase a data de celebración a un sábado, para dar pé a unha completa xornada de mañá e tarde, con varios relatorios e mesas redondas que confían que conforme programa tan enriquecedor como entretido.

PUBLICIDADE