Airis faille fronte á crise coa apertura dunha franquicia
venres, 23 de xaneiro do 2009
Airis, a marca líder en informática e
electrónica de consumo, vén de facerlle fronte á crise e, lonxe de ficar cos
brazos cruzados e botar empregados para aforrar custes, vén de abrir a primeira
das súas franquicias Airis Solucións,
que forman parte da súa nova estratexia comercial.
Dende agora, os clientes desta compañía española poderán acceder a
diferentes ofertas que integran os produtos tradicionais de Airis cos novos
servizos existentes actualmente no mercado.
A previsión da compañía é contar con máis de 60 establecementos repartidos
por todo o territorio español antes de que remate 2009 e o seu principal
obxectivo é que “en 2010 estas facturen
máis de 39 millóns de euros”.
Os responsables desta iniciativa aseguran que se trata dun “proxecto pioneiro a nivel mundial” xa
que nos novos establecementos Airis Solucións, din, “non hai stock nin almacén”.
Airis desenvolveu diversos paquetes que son o resultado da combinación dos
seus produtos de informática, audio e vídeo con servizos de telefonía, ADSL,
formación, seguridade, vixilancia e enerxía solar fotovoltaica, unha oferta que
poderán atopar nos seus novos centros os clientes particulares e as empresas.
José Vicente Molera, presidente de Airis, asegura que durante os últimos
catro anos, “o prezo de venda dos
produtos electrónicos dividíronse por tres” pese a que, afirma, “se seguen a manter os mesmos custes de
loxística, almacenamento, entregas e postvenda”.
Nunha situación económica como a descrita, Airis vén de idear un sistema de
negocio que permite o acceso, de particulares e empresas, a produtos de
tecnoloxía vinculados á contratación de servizos, un sector que non presenta
perdas. Asemade, Airis aproveita esta novo modelo de negocio, as subvencións e
financiamentos que ofrece o Goberno (a través do Plan Avanza posto en marcha en
2005), para a compra de produtos tecnolóxicos a custe cero, coa fin de fomentar
o emprego das novas tecnoloxías entre a sociedade.
Dende o pasado ano 2007, Airis asinou diferentes acordos de colaboración
cos principais operadores de telecomunicacións (Telefónica, Jazztel e Orange)
así como coas principais empresas de tecnoloxía de todo o mundo como Microsoft
e Intel; grazas aos cales, puído abrir 4 novas vías de negocio con 7 liñas de
produto a comercializar:
Solucións ADSL Móbil e fixa.
Airis Seguridade.
Airis Formación.
Airis Solar
