Alumnado do IES Agra do Orzán de A Coruña visita o CITIC
mércores, 10 de novembro do 2021
Alumnado
de 2º de Bacharelato do IES Agra do Orzán da Coruña que participa
no programa STEMbach da Xunta de Galicia visitou
na mañá deste 9 de novembro as instalacións do CITIC, o Centro de
Investigación TIC da Universidade da Coruña emprazado no Campus
de Elviña. A visita comezou cunha presentación do centro e as súas
capacidades por parte do subdirector do CITIC, Javier Pereira. A
continuación, a investigadora Laura Castro faloulles aos alumnos e
alumnas da súa liña de investigación sobre sistemas distribuÃdos.
Posteriormente,
o responsábel da unidade de sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro,
explicoulles o funcionamento do Centro de Procesamento de Datos
(CPD).
Para
finalizar, os estudantes visitaron a sala Demostrador Tecnolóxico,
onde coñeceron diferentes proxectos desenvolvidos no CITIC,
principalmente nos ámbitos da robótica, a Realidade Virtual e a
Realidade Aumentada.