Amazfit Balance, un smartwatch completo e con boa autonomÃa
martes, 5 de setembro do 2023
Amazfit ten un
novo smartwatch no seu catálogo, que pese a funcionar cun sistema operativo de
seu é bastante completo, de xeito que o Amazfit
Balance tanto pode servir para facer un seguimento da nosa actividade
fÃsica como serve para realizar chamadas a través de Bluetoooth e realizar
pagamentos sen contacto mediante Zepp Pay.
O smartwatch Amazfit Balance véndese en dúas cores (midnight e sunset grey) a
un prezo de 249,90 euros. Ten unha pantalla AMOLED de 1,5 polgadas; conta con
funcións de adestrador persoal e 156 modos deportivos; monitoriza o ritmo cardÃaco,
o osÃxeno en sangue o estrés e o sono; resistencia a auga até 5 atmosferas;
GPS; Wi-Fi; Bluetooth 5.0; integra o asistente de voz Alexa; a súa baterÃa de
475 mAh achega unha autonomÃa de até 14 dÃas de uso tÃpico; e só pesa 45 gramos.
Estamos ante un dispositivo moi interesante, que como principal atranco ten que
o seu prezo, que o sitúa en competición directa con reloxos con wearOS, que
ofrecen mellores prestacións no que aplicacións se refire, a prezos de mercado máis
axustados. Tamén cómpre lembrar que Zepp Pay non funciona directamente con
bancos españois, polo que de querer empregar este tipo de reloxos para pagar
hai que empregar un servizo a maiores (Curve).
- O Amazfit Balance permite incluso a realización de chamadas a través de Bluetooth