Amazon comezará o vindeiro domingo as súas rebaixas previas á campaña de Nadal
xoves, 21 de novembro do 2013
Os consumidores que queiran adiantar algunhas compras de
cara ao Nadal de seguro que están pendentes á celebración do Black Friday a
semana que vén, momento que indica o inicio da campaña de Nadal nos EE.UU. e
que celébrase con grandes descontos para animar a non deixar as compras para o último
dÃa, e que nos últimos anos tamén permitiu que nos puidésemos beneficiar dende
España, especialmente na compra de electrónica, polo que resultará moi
recomendable realizar certas compras o venres da semana que vén.
Pero en Amazon.com
están a prepararse dun xeito moi especial de cara ao Black Friday, e non
limitarán as rebaixas a un único dÃa, senón que repartirán os descontos durante
toda unha semana a partir do vindeiro domingo. Deste xeito as rebaixas non
serán só o dÃa despois de Acción de Grazas, senón que chegarán pinga a pinga
durante toda a semana, sendo de agardar algunhas sorpresas que de seguro que
esgotarán existencias en poucos minutos.
Para comezar a abrir boca, Amazon
informa dalgunhas das rebaixas que fará nos vindeiros dÃas, sorprendendo
por exemplo que vendan televisores da marca Seiki en tamaños de 32 e 50
polgadas a 98 e 229 dólares respectivamente, o Chromecast de Google a 29,99
dólares, un reprodutor de Blu-ray de Sony con Wi-Fi por 54,99 dólares, a Xbox
360 de 250 Gb cos xogos Halo 4 e Tomb Raider por 189,99 dólares, a
PlayStation 3 de 250 Gb cos xogos The
Last of Us e Batman: Arkham Origins
por 199 dólares, populares xogos como o mencionado de Batman e Grand Theft Auto V por só 34 dólares e
incluso tÃtulos como FIFA 14 e Battlefield 4 por só 25 dólares.
Auténticas gangas que moitos internautas non poderán resistir e das que
agardamos que haxa promocións semellantes ao outro lado do Atlántico.
