Amigos de Galicia e o Concello de MarÃn achegan un curso para loitar contra a fenda dixital dos maiores
mércores, 31 de xaneiro do 2024
A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de MarÃn, vai desenvolver este inverno unha actividade formativa para impulsar a capacitación dixital das persoas maiores. O curso está dirixido a veciños e veciñas de MarÃn de máis de 65 anos que teñan un nivel de iniciación ao ámbito da informática. As clases desenvolveranse na Aula CeMIT da Biblioteca Pública Vidal Pazos os venres 9, 16 e 23 de febreiro e o 1 de marzo, en horario de 10.00 a 12.30 horas e non precisan traer ningún tipo de material.
A formación porá o foco en familiarizar aos asistentes na realización de trámites en liña, no uso das máquinas de quendas das administracións e dos centros de saúde, no emprego do caixeiro automático das entidades bancarias ou en como tirarlle proveito ao teléfono móbil para o seu dÃa a dÃa. Tamén se familiarizará ao alumnado no funcionamento da aplicación móbil do SERGAS.
As persoas interesadas poderán inscribirse no curso a través do mail alcaldia@concellodemarin.es e haberá un máximo de 15 prazas. O dÃa máximo para inscribirse será o mércores dÃa 7.