AmplÃan os contidos da aplicación móbil Non piques, non peques
luns, 22 de abril do 2019
A
aplicación móbil Non piques, non
peques, que contén información sobre as vedas, os talles mÃnimos e o
perÃodo óptimo de consumo das principais especies da pesca e do marisqueo que
se comercializan en Galicia, conta
con 30 novas especies. Esta ampliación de contidos da aplicación móbil
coincide coa época das vacacións de Semana Santa, co obxectivo de promover o
coñecemento dos peixes e mariscos que se poden atopar no mercado galego entre a
cidadanÃa en xeral e especialmente entre os turistas que visitan Galicia no
perÃodo vacacional.
As especies novas que se engaden ás versións en galego,
castelán e inglés desta aplicación móbil son a acedÃa, a agulla, o alcrique, a
ameixa bicuda, a anguÃa, a bertorella de rocha, o ameixón, o rabioso, o
caramuxo, o carneiro, a castañeta, o choquiño, a choupa peixe, a cornicha, o
curuxo, o dentón, o escacho, o escarapote de pedra, o mero, a lamprea de mar, a
lapa común, o longueirón vello, o melgacho, o bonito alistado, o peixe porco, a
pota común, o prago, o reló, a xuliana e o mexillón.
Deste xeito súmanse ás 53 que estaban dispoñibles, polo que
os cidadáns poden consultar un total de 83 fichas individuais das principais
especies da pesca e o marisqueo en Galicia con información sinxela e amena
sobre as mellores épocas para comprar e consumir peixes e mariscos capturados
na nosa comunidade. Tamén axuda a identificar de xeito visual as distintas
especies e a coñecer cales están en veda. Ademais contén información sobre os
tamaños mÃnimos legais para o seu consumo.
Desde a súa posta en marcha a aplicación foi descargada máis
de 10.800 veces. Funciona como unha guÃa sinxela que unha vez descargada se
pode consultar sen ter conexión a internet. A súa descarga tamén é doada e
totalmente de balde para
iOS e para
Android.
