Anthropic parodia a introdución de publicidade en ChatGPT nun anuncio da Super Bowl
mércores, 4 de febreiro do 2026
Anthropic marcou posición no debate sobre a monetización da intelixencia artificial cunha mensaxe clara: o seu asistente Claude non terá publicidade. A compañÃa defende que introducir anuncios nas conversacións serÃa incompatible coa natureza dun asistente pensado como «un espazo para pensar», especialmente cando moitas interaccións abordan cuestións sensibles, persoais ou de traballo complexo.
Anthropic argumenta que as conversas con asistentes de IA son radicalmente distintas das procuras en buscadores ou das redes sociais, onde os usuarios xa asumen a convivencia entre contido orgánico e patrocinado. No caso da IA conversacional, sinala a empresa, o formato aberto e o nivel de confianza que se establece fan que a presenza de anuncios resulte incongruente e, nalgúns casos, inapropiada. Ademais, advirte de que os incentivos publicitarios poderÃan interferir co obxectivo principal do asistente: actuar de maneira inequÃvoca no interese do usuario.
A compañÃa exemplifica este risco cun escenario sinxelo: se un usuario comenta problemas para durmir, un asistente sen incentivos comerciais explorarÃa posibles causas como o estrés ou os hábitos. Nun modelo con publicidade, en cambio, poderÃa existir a tentación de orientar a conversa cara a unha oportunidade de compra. Mesmo se os anuncios non influÃsen directamente nas respostas, a súa simple presenza no contorno da conversa romperÃa, segundo Anthropic, a idea dun espazo limpo para a reflexión e o traballo.
Este posicionamento foi acompañado dunha campaña publicitaria pouco habitual: Anthropic lanzou varios anuncios, incluÃdo un spot previsto para a Super Bowl (que se celebrará o vindeiro domingo), nos que se burla de asistentes de IA que introducen publicidade de forma intrusiva. A mensaxe implÃcita apunta a competidores que xa confirmaron plans para incorporar anuncios, polo menos nas versións gratuÃtas dos seus produtos.
A reacción non se fixo agardar. Sam Altman, director executivo de OpenAI, criticou publicamente a campaña, cualificándoa de enganosa. Segundo Altman, OpenAI nunca introducirÃa anuncios da maneira caricaturizada nos spots de Anthropic e subliñou que os plans de publicidade para ChatGPT serÃan claramente etiquetados e separados das respostas do modelo. Ademais, defendeu que o acceso gratuÃto á IA é clave para democratizar a tecnoloxÃa, algo que, ao seu xuÃzo, Anthropic non prioriza ao centrarse nun produto de subscrición máis caro.
