Aparece unha versión totalmente crackeada de Windows Vista

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

A aparición de versións pirateadas de programas informáticos non é habitualmente unha nova, pero nesta ocasión a publicación The Inquirer considerou axeitado comentar que xa circula na Rede unha copia do sistema operativo Windows Vista que parece estar totalmente crackeada.
A versión pirata de Vista provén dun grupo denomeado NoPE, e que está a compartirse a través de redes P2P, e destaca por non precisar número de serie, instalarse coma se xa estivese activado e mesmo permitir a súa actualización a través da Rede, de xeito que o crackeo do sistema é transparente para o usuario.
The Inquirer asegura que os seus lectores informan de que esta nova copia do último sistema operativo de Microsoft funciona á perfección, algo que non pasaba cos intentos anteriores, pois Vista incorpora moitas medidas de seguridade que se converteran en todo un pesadelo para os piratas que agora parece pasar a mellor vida (aínda que queda por ver a reacción de Microsoft ante estas copias).

PUBLICIDADE