Apple actualiza os seus iMac
luns, 28 de abril do 2008
Cumprindo
coas expectativas, hoxe Apple renovou os seus iMac, incrementando a súa velocidade
e reducindo o seu prezo, facendo máis populares estes equipos de escritorio,
que finalmente baixan a barreira dos 1.000 euros.
Os novos iMac contan con procesadores Intel Core 2 Duo máis potentes, que
combinados co sistema operativo Leopartd e o paquete de aplicacións iLife ’08 se
converten nuns equipos moi completos que van dende o modelo de 20 polgadas cun
procesador a 2,4 GHz, 1 Gb de RAM, disco duro de 250 Gb e unha tarxeta gráfica
Radeon HD 2400 XT de ATI con 128 Mb de memoria (que se
vende a 999 euros) ata o modelo de 24 polgadas cun procesador a 3,06
GHz, 2 Gb de RAM, disco duro de 500 Gb e unha tarxeta de vÃdeo NVIDIA GeForce
8800 GS con 512 Mb de memoria (cun prezo de venda de 1.819 euros).
