Apple bloquea a distribución de iTorrent na Unión Europea
xoves, 28 de agosto do 2025
Hai pouco máis dun ano os usuarios europeos de iPhone e iPad podÃan celebrar a posibilidade de contar nos seus dispositivos cunha aplicación cliente da rede de intercambio de ficheiros BitTorrent chamada iTorrent grazas a que estaba a ser distribuÃda a través da AltStore PAL, tenda de aplicacións alternativa posible grazas á aplicación da lexislación europea.
Pero este escenario de liberdade para os usuarios de dispositivos móbiles de Apple está a ensombrecerse, xa que dende mediados do mes de xullo iTorrent deixou de estar dispoñible para a súa descarga, e resultou que o problema non radicaba nun fallo de funcionamento da AltStore PAL, senón de que Apple revogara o certificado de desenvolvedor para a distribución alternativa de Daniil Vinogradov (XITRIX), creador de iTorrent, preciso para poder publicar aplicacións en tendas de terceiros.
Con esta medida Apple estarÃa a vulnerar a Lei de Mercados Dixitais (DMA), non só por impedir de xeito arbitrario o bo funcionamento dunha aplicación que non depende da súa tenda de aplicacións, senón tamén por adoptar tal decisión dun xeito opaco, xa que o desenvolvedor leva semanas pedindo explicacións, xa que nin se lle comunicou o motivo concreto da revogación do seu certificado de desenvolvedor, nin se está a responder ás solicitudes de información (agás con mensaxes xenéricas).
AÃnda que é posible que Apple tivese motivos xustificados para as medidas adoptadas, a falla de transparencia fai que esteamos ante un claro abuso, que supón unha indefensión para desenvolvedores e usuarios.
ACTUALIZACIÓN: Daniil Vinogradov, tras o balbordo creado, recibiu unha resposta indicando que a súa conta fora bloqueada por certas restricións legais internacionais, o que entende que é por non ter actualizado os seus datos persoais no seu perfil de desenvolvedor pois, aÃnda que leva máis de 3 anos vivindo en Malta, antes residiu en Rusia, paÃs sobre o que se aplican diferentes sancións. ConfÃa en solucionar os problemas con Apple en breve.
