Apple celebra o Black Friday en España
venres, 28 de novembro do 2008
Hoxe é o venres negro en EE.UU., a data que se
considera coma o inicio das compras para o Nadal, de aà que moitas tendas se
lancen a facer ofertas abraiantes para incitar ao consumismo, pero a tenda de
Apple nos sorprende por aplicar
as mesmas promocións na súa web española, de xeito que durante todo
o dÃa se poden aforrar 41-81 euros nos iMac, 41-91 euros nos MacBook, 11 euros
nos iPod nano, 21 euros nos iPod Classic e 21 euros no iPod Touch.
Os descontos tamén están dispoñibles para moitos accesorios e paquetes de
programas (coma o Office de Microsoft ou o Adobe Photoshop Elements) e xogos (Call of Duty 4 ou Spore).
