Apple cesa a produción dos seus AirPort
venres, 27 de abril do 2018
AÃnda que durante moitos anos era habitual ver como os
usuarios de equipos de Apple optaban por produtos da compañÃa da mazá para a
súa conectividade, este segmento de produtos leva bastante tempo descoidado, e
finalmente confÃrmase que os AirPort Express, AirPort
Extreme e AirPort Time Capsule, que facilitaban conexións sen fÃos para domicilios
pequenas oficinas e aulas, pasan
a estar oficialmente descontinuados, ou sexa, que os
routers de Apple manteranse á venda mentres queden unidades dispoñibles,
sen que haxa sucesores á vista.
O adeus da familia AirPort non parece unha sorpresa, xa que estes produtos estaban
claramente desactualizados, e aÃnda que manterán o seu soporte durante varios
anos, non resulta nada recomendable a súa compra, e a propia Apple vende nas
súas tendas sistemas Wi-Fi en malla de Linksys, polo que semella que mentres a
compañÃa de Cupertino non poida facer algunha innovación destacable confiará en
produtos doutros fabricantes.
