Apple fará rebaixas na súa tenda on-line española durante o 1 de decembro

xoves, 30 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Durante o Nadal os dispositivos electrónicos disparan as súas vendas por ser uns agasallo moi socorridos, e normalmente as tendas norteamericanas lanzan distintas promocións para os compradores máis anticipados, o que non parece reproducirse no Novo Continente, pero Apple quere rachar con tal tendencia e igual que no Día de Acción de Grazas fan promocións nos EE.UU., o 1 de decembro é a data elixida para ofrecer descontos no mercado español, polo que os que estean interesados en comprar algún dos dispositivos de Apple deberán estar atentos.
De replicarse as promocións norteamericanas, os descontos poderían ir dende os 10-25 euros dos reprodutores multimedia ata os 100 euros en ordenadores, que aínda que non sexan unhas rebaixas impresionantes, seguro que levan a moitos consumidores a adiantar as compras de Nadal (non esquezamos que este tipo de produtos non se caracteriza por ter rebaixas tralas festas).