Apple podería comercializar un iMac recortado para estudantes

martes, 9 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Na páxina web de Apple apareceu sen previo aviso unha relación de especificacións técnicas dun iMac con pantalla de 21,5 polgadas con resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, procesador Intel Core i3 a 3,1 GHz, 2 Gb de RAM (ampliable a 8 Gb), 250 Gb de disco duro, gráfica AMD Radeon HD 6750M con 256 Mb de memoria, cámara FaceTime HD e sistema operativo Mac OS X Lion que carece de porto Thunderbolt, polo que parecería un modelo un chisco vello (pois a súa configuración de procesador e memoria é inferior á do iMac máis básico en catálogo) e ao parecer trátase dun equipo dirixido unicamente a institucións educativas, que deste xeito poderían adquirir un todo-en-un de Apple por 999 dólares e cunhas prestacións máis que aceptables.
Un produto interesante por conseguir rebaixar 200 dólares un equipo cunhas modificacións bastante cativas que permítenlle un bo funcionamento coa última versión do sistema operativo de Apple e satisfacer as demandas de usuarios non profesionais.