Apple presenta uns excelentes resultados económicos

mércores, 22 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Apple anunciou os seus resultados económicos do terceiro trimestre fiscal que rematou o pasado 27 de xuño, e sorprendeu ao acadar o mellor trimestre (distinto ao de Nadal) da súa historia, cuns ingresos de 8.340 millóns de dólares e un beneficio neto de 1.230 millóns de dólares, o que tradúcese nuns beneficios de 1,35 dólares por acción, mellorando en boa medida os 1,070 millóns de dólares de beneficio no mesmo trimestre de 2008, e presentándose coma unha empresa inmune a crise económica.
Ao parecer os bos resultados de Apple son, como era de agardar, froito do bo funcionamento comercial do iPhone, dos que vendeu 5,2 millóns de unidades, aínda que o volume de iPod e Macs colocados (10,2 e 2,6 millóns respectivamente) tampouco son datos a ignorar, aínda que estes produtos teñen un comportamento oposto, cunha caída das vendas do iPods do 7% mentres que os ordenadores melloran un 4%.