Apple renova os seus Xserver e Mac Pro
martes, 8 de xaneiro do 2008
- Novo Mac Pro
Os seguidores do mundo do Mac vÃronse hoxe sorprendidos
pola renovación dos equipos de alta gama de Apple (que non agardaron á
presentación que fará a compañÃa a vindeira semana), de xeito que xa se coñecen
os novos ordenadores Mac Pro e servidores Xserve.
Os novos Mac Pro contan con 8 núcleos
e dobran
en potencia ós modelos anteriores, chegando ata os 4 Tb de almacenamento e
32 Gb de RAM, contando con novas tarxetas gráficas ATI Radeon de 256 Mb e
NVIDIA GeForce de 512 Mb, aptas para o traballo en contornos 3D. Estes equipos
venderanse a partir dos 2.799 dólares.
- Xserve enrackado
Os servidores Xserve tamén contan con 8 núcleos e chegan ós 3,0 GHz de velocidade, con 3 Tb de almacenamento interno e con prezos que parte dos 2.999 dólares. Estes equipos poden instalarse en armarios de servidor de 1 U, contan con 2 tarxetas PCI Express 2.0 que cuadriplican o largo de banda do modelo anterior e que permite a instalación de tarxetas Fiber channel de 4 Gb e 10Gb Ethernet.