Arc Search mestura navegador, buscas e IA para revolucionar como nos relacionamos coa web
luns, 29 de xaneiro do 2024
AÃnda que nos últimos anos os navegadores web parecÃan ser cousa unicamente dos xigantes da Internet, hai compañÃas que ousan entrar neste complicado mercado, e estes dÃas The Browser Company está a ofrecer o seu Arc Search para iPhone, que utiliza como grande reclamo o seu uso da IA, e que ten previsto chegar a Windows en primavera.
Este navegador web, baseado na mesma tecnoloxÃa que Chrome, pero empregando como buscador predeterminado Perplexity (motor de busca baseado nun grande modelo de linguaxe), co que buscan que os usuarios poidan chegar rapidamente ás respostas que buscan en vez de ter que andar a consultar numerosos resultados de busca antes de dar coa información que precisan.
Arc tamén conta con tecnoloxÃa de bloqueo de publicidade, pode realizar resumos de páxinas web para axilizar os resultados de busca, conta cun modo de lectura que procura reducir as distraccións e tamén arquiva de xeito automático as pestanas inactivas para conseguir unha mellor organización.
Dado que Arc non vende datos persoais dos seus usuarios e ofrécese de balde, non está nada claro cal será o seu modelo de negocio, pero pode que esteamos ante un de moitos navegadores web que nos vindeiros meses busquen facerse un oco grazas ás posibilidades que achega a IA ao noso xeito de relacionarnos cos contidos na Rede.