Arnoia acollerá o II ForoTelecos Galicia
venres, 25 de xuño do 2021
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de
Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) celebra o II ForoTelecos Galicia o sábado 3
de xullo no Balneario Arnoia Caldaria, cita que presume de ser o primeiro
evento formativo presencial que os enxeñeiros de telecomunicacións celebran a
nivel nacional, de xeito que será un bo termómetro para medir avances,
proxectos e expectativas do sector de cara aos vindeiros meses e para facer un
breve balance do perÃodo pandémico e as súas consecuencias.
O encontro, que contará con probas de antÃxenenos para todos os asistentes, abrirao o secretario de Estado das Telecomunicacións e
Infraestruturas, Roberto Sánchez Sánchez, estando convidados á xornada
representantes de empresas punteiras do sector das telecomunicacións e colexiados
galegos, asturianos e leoneses.
As o acto inaugural desenvolveranse as xornadas técnicas formativas dirixidas
principalmente a colexiados e precolexiados nas que representantes de empresas
tecnolóxicas internacionais e de organizacións do sector transmitirán os seus
coñecementos, experiencias e futuros proxectos.
Pechará o evento o acto de entrega dos Premios Enxeño 2020, que destacarán o
grande traballo das telecomunicacións e dos enxeñeiros técnicos durante o
pasado ano, no que os profesionais do sector foron auténticos heroes
invisibles.
- Imaxe dos relatores e premiados da anterior edición do ForoTelecos Galicia celebrado en xaneiro de 2020