As Aulas CeMIT celebrarán o DÃa da Internet Segura cunha programación especial de actividades
venres, 1 de febreiro do 2019
A
Rede CeMIT celebrará o DÃa da Internet Segura cunha programación especial de
actividades das Aulas CeMIT,
sumándose asà a un evento que se ven celebrando desde o ano 2004 na Unión
Europea e que actualmente conmemórase internacionalmente.
As
actividades programadas desde a Rede CeMIT co gallo deste dÃa teñen como
obxectivo principal apoiar a creación dunha Internet máis segura e mellor, para
convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxÃa de modo máis
responsable, respectuoso, crÃtico e creativo.
Actividades programadas
Ao longo do dÃa 5 de febreiro, terán lugar as seguintes charlas programadas na rede CeMIT grazas á colaboración dos aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020: AETG, AGASOL, o CPEIG e o mentor dixital D. José M. Lozoya:
- Aula CeMIT de Barreiros, Lugo, impartida polo aliado dixital AETG
- Aula CeMIT de Pontedeume, A Coruña, impartida polo aliado dixital AETG
- Aula CeMIT de Redondela, Pontevedra, impartida polo aliado dixital AETG
- IES A GuÃa, de Vigo, impartida polo aliado dixital AGASOL
- Aula CeMIT de Celanova, Ourense, impartida polo aliado dixital CPEIG
- Aula CeMIT de Leiro, Ourense, impartida polo aliado dixital CPEIG
- Aula CeMIT de Pontevedra, impartida polo mentor dixital D. José M. Lozoya
Ademais, na semana centrada nesta data internacional desenvolveranse noutras aulas CeMIT de Galicia diversas actividades como son:
- Aula CeMIT de Abegondo, A Coruña (dÃa 5 e 6 de febreiro): realizará unha actividade propia e impartirase unha charla coa colaboración dun Cibercooperante do programa Internet segura for Kids do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad).
- Aula CeMIT de Castro Caldelas, Ourense (do 4 ao 7 de febreiro): desenvolverá diversas charlas, proxeccións de vÃdeos, xogos e dinámicas de grupo.
- Aula CeMIT de Fisterra, A Coruña (12 de febreiro): impartirase unha charla coa colaboración dun Cibercooperante do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad)
- Aula CeMIT de Ribadeo, Lugo, participarase nun seminario en liña (webinar) sobre o Uso seguro de Internet: precaucións e métodos de protección, en colaboración co programa CyLdigital da Junta de Castilla y León.
O único requisito para poder asistir a todas estas actividades de balde e programadas nas aulas CeMIT é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello ou vÃa web.
