As conexións a 350 Mbps de R mellorarán a 500 Mbps
xoves, 28 de marzo do 2019
O
pasado 21 de decembro R mellorou a velocidade das súas conexións de banda larga
fixa de 60, 100 e 200 Mbps, que pasaron a gozar de descargas a 100, 200 e
300 Mbps respectivamente, quedando fóra da modificación de velocidade as
conexións a 350 Mbps, das que prometían dar conta máis adiante, e por fin
chegou o día.
Dende R anuncian que as
conexións de 350 Mbps irán pasando paulatinamente a 500 Mbps, confiándose
que o procedemento de actualización de velocidades remate a primeiros de maio.
A meirande parte dos usuarios poderán seguir a empregar o seu router actual,
aínda que no caso de que teñan un que non permita as novas velocidades, os
usuarios recibirán un aviso para poder realizar o cambio.
Lembremos que en todas as velocidades mencionadas falamos da velocidade de descarga, mentres que a velocidade de subida é da décima parte, moi lonxe da simetría que ofrecen as conexións FTTH actualmente.