As consolas de videoxogos incitan á compra de televisores de alta definición
venres, 25 de abril do 2008
Un estudo
elaborado por Frank N. Magid Associated amosa que o 18% dos televisores de alta
definición adquiridos no último ano se mercaron grazas ás consolas Xbox 360 e
PlayStation 3. Os usuarios das novas consolas son conscientes de que sen
televisores axeitados non percibirán a mellora de calidade dos xogos, polo que
se ven impulsados a modernizar os seus televisores para poder gozar axeitadamente
dos últimos videoxogos.
Hai que ter en conta que na actualidade os contidos televisivos e en discos
ópticos en alta definición son totalmente anecdóticos, mentres que os
videoxogos para Xbox 360 e PS3 si aproveitan a resolución das novas pantallas,
polo que se converten na porta de entrada natural da alta definición nos
fogares.
Os datos do estudo corresponden aos EE.UU. onde estiman
que o 25% dos fogares xa contan con algún televisor de alta definición
(e xa é considerable o número de domicilios con máis dun televisor compatible
con esta tecnoloxÃa).
En España a situación é bastante diferente, xa que as emisións televisivas en
alta definición son case inexistentes (actualmente só utilizan tal tecnoloxÃa Canal+ HD e a canle de probas da TVC)
polo que a
relación de compradores que adquiren un televisor de nova xeración para
aproveitalo coa súa consola de videoxogos aÃnda poderÃa ser maior.
