As copias de seguridade de WhatsApp contarán no almacenamento de Google Drive
mércores, 15 de novembro do 2023
Para evitar a
perda de conversas en WhatsApp, incluso aÃnda que mudemos de dispositivo, dende
hai anos contamos coa posibilidade de que esta información se copie de xeito
automático dentro da nube de Google, destacando o feito de que en 2018
WhatsApp e Google chegaron a un acordo para que as copias de seguridade de
WhatsApp non contase na cota de almacenamento de Google Drive (destacando que,
de levar máis dun ano sen actualizarse, borrarÃanse).
Pero estas condicións vantaxosas para os usuarios de WhatsApp van dicir adeus,
e o Centro de Axuda de WhatsApp recolle que nos vindeiros meses as copias
de seguridade pasarán a contar para o lÃmite de almacenamento da conta de
Google, ou sexa, que no caso de quedar sen espazo suspenderase a
realización de copias de seguridade, polo que haberá que procurar facer limpa
en Google Drive (ou pagar por almacenamento adicional) se queremos manter as
copias actualizadas e asà evitar perdes conversas no caso de accidente.
Este cambio farase efectivo para os usuarios de WhatsApp Beta a partir de
decembro, e irase espallando ao resto de usuarios de WhatsApp para Android ao
longo da primeira metade de 2024. 30 dÃas antes do cambio a sección de copias
de seguridade nos axustes de WhatsApp amosará un banner de advertencia.
Cómpre lembrar que para transferir as conversas entre dispositivos non é
preciso empregar Google Drive, senón que a nube serve principalmente para
simplificar a operación e evitar a perda accidental das mensaxes.