As lámpadas de IKEA serán compatibles coa domótica de Xiaomi
xoves, 29 de novembro do 2018
Cada
vez son máis as compañÃas que queren posicionarse no sector da electrónica para
o fogar, e incluso IKEA
ten unha liña de lámpadas conectadas (Trådfri) que compite directamente coa
familia Philips Hue e que vai dar un paso decisivo grazas a un acordo con
Xiaomi, de xeito que a
partires de decembro en China será posible xestionar as lámpadas de IKEA a
través da plataforma IoT de Xiaomi.
Estamos ante a primeira vez que Xiaomi chega a un acordo cunha compañÃa
tecnolóxica chinesa, e semella que vai conseguir un grande beneficio con tal
operación, xa que actualmente hai máis de 132 millóns de dispositivos
conectados (sen contar móbiles e ordenadores) na plataforma IoT de Xiaomi, polo
que contar con compatibilidade con esta infraestrutura domótica supón un grande
atractivo para as lámpadas Trådfri, xa que poderán controlarse a través do
asistente de voz de Xiaomi e da aplicación Mi Home.
Amais, as lámpadas de IKEA poderán interactuar con outros dispositivos de fogar
conectado de Xiaomi, podendo tamén controlarse co Mi Control Hub de Xiaomi (que
emprega o protocolo ZigBee ao igual que o dispositivo de conexión de IKEA).