As novas redes de comunicación analizaranse nunha xornada en Compostela
xoves, 3 de abril do 2008
O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, GRADIANT, e
a Plataforma Tecnolóxica das TIC, Vindeira, organizan o luns 8 de abril un
evento que leva por tÃtulo Xornada Proxecto Sfera: Capacidades tecnolóxicas
no campo das comunicacións sen fÃos e por satélite e contará coa
presenza de numerosos expertos de empresas galegas no mundo das comunicacións e
co cordinador do Proxecto Sfera entre outros.
O
acto desenvolverase no Hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela, e
será inaugurado por Helena Veiguela MartÃnez, directora xeral de Promoción
Industrial e da Sociedade da Información; Salustiano Mato de la Iglesia,
director xeral de I+D; e Manuel Fernández Iglesias, director xeral de
Comunicación Audiovisual.
O programa completo da xornada pódese descargar en
formato PDF e a inscrición ao evento pode realizarse por correo electrónico.
