As tendas Worten venderán lectores de libros electrónicos Kindle

mércores, 11 de abril do 2012 Marcus Fernández

O Kindle básico será o que veremos inicialmente nas tendas da cadea WortenAínda que o Kindle é o eReader máis popular no mercado, tanto polo seu prezo como polos seus servizos asociados, o feito de que só sexa posible adquirilo a través da Internet supón un atranco para moitos usuarios, de aí que a partir de mañá vaia estar dispoñible en tendas físicas, o que ata o vindeiro día 23 limitarase á cadea Worten, seguindo así a liña do acontecido nos EE.UU., onde xa é posible adquirir o dispositivo de lectura de libros electrónicos en tendas de Best Buy, Office Depot, Office Max, Sam’s Club, Sears, Staples, Target e Wal-Mart.
Temos que lembrar que a finais de mes tamén chegarán ao mercado español os dispositivos Kindle con pantalla táctil (Kindle Touch e Kindle Touch 3G), polo que cada vez será maior a presenza desta gama de produtos de Amazon en España, á espera de que chegue o agardado Kindle Fire, o único tablet que actualmente parece ser capaz de erosionar as vendas do iPad ao contar cun prezo moi inferior e unha oferta de contidos bastante rica (nos EE.UU.).

O Kindle básico será o que veremos inicialmente nas tendas da cadea Worten