As vantaxes de Internet, ao alcance da veciñanza de Betanzos
luns, 11 de maio do 2009
O
Centro
de Dinamización da Sociedade da Información de Betanzos, coa intención de
unirse ás iniciativas que esta Rede vai levar a cabo para celebrar o DÃa das
Letras Galegas e DÃa de Internet o vindeiro 17 de maio, vén de facer unha
achega das actividades que levará a cabo en torno á divulgación das novas
tecnoloxÃas na localidade coruñesa.
Trátase
de tres relatorios de grande utilidade para tódolos veciños da comarca sen
excepcións posto que se tratarán neles temas relacionados co acontecer diario
destas persoas, tales como, aprender a solicitar cita médica a través de
Internet, organizar viaxes pola Rede ou manterse informado a través dos medios
en liña que teñen de balde á súa disposición.
Os
cursos, Saúde na Rede: aprende a
solicitar a cita médica a través de Internet, Organiza a túa viaxe grazas a
Internet e A prensa en Internet,
terán lugar os vindeiros 25, 26 e 27 de maio respectivamente ás 11 horas, e
neles os asistentes poderán comprobar de primeira man as enormes vantaxes que presenta
Internet para case todo hoxe en dÃa.
Por
outra banda, o devandito Centro tamén vén de anunciar a celebración de dúas charlas
en colaboración co concello de Betanzos sobre a seguridade en Internet.
Unha
delas vai dirixida a nenos de entre 8 e 12 anos e pais e nais dos mesmos, que
se levará a cabo o luns 25 de maio a partires das 19:00 e o martes, 26 de maio
no mesmo horario. A seguinte charla vai dirixida a pais e nais e trata sobre a
protección dos menores fronte aos perigos da Rede. Esta charla levarase a cabo
en dúas partes, unha o mércores 27 de maio a partires das 19:00 e outra o dÃa
seguinte á mesma hora.
Asemade,
está prevista a realización dun concurso de fotografÃa dixital para todas
aquelas persoas que desexen participar. A temática da fotografÃa debe expresar
a opinión sobre Galicia e a literatura. As bases están recollidas na web da Rede de Dinamización.
