As vendas de PS Vita continúan a caer no Xapón
xoves, 19 de abril do 2012
Tras o Nadal, podiamos facer balance das vendas das consolas
de videoxogos portátiles no Xapón (pois aÃnda non chegara a Europa a PS Vita), superando a
portátil de Nintendo á de Sony nunha relación de 5 a 1, o que poderÃa
entenderse polo feito de que a PS Vita fose aÃnda unha novidade no mercado,
pero un trimestre despois vemos que a cousa aÃnda está peor, e actualmente a
Nintendo 3DS vende 8 veces máis que a PS Vita no Imperio do Sol Nacente.
Pero as cousas para Sony pintan mal se pomos os datos da PS Vita en
perspectiva, xa que a que a nivel de hardware é unha prometedora consola, non
parece ter atinado para achegarse ao público, e as vendas non paran de caer no
Xapón, iniciándose en 72.479 consolas á semana, pasando en 7 dÃas a 42.648
consolas á semana e mantendo a evolución descendente
ata 8.250 unidades á semana (681 unidades menos que a semana anterior),
quedando incluso moi por debaixo as 13.166 unidades que vendeu a PSP, que
supostamente é unha consola obsoleta á que sucede a PS Vita.
As cousas no Xapón tampouco van ben a nivel de xogos, de xeito que entre os
dÃas 9 e 15 deste mes a PS Vita non conseguiu colocar ningún tÃtulo entre os 20
máis vendidos, mentres que a Nintendo 3DS colocou 8 e a PSP 6.
Por fortuna para Sony, a PS Vita conseguiu vender ben no seu lanzamento en todo
o mundo, de xeito que os datos acumulados a nivel mundial contan cunha PS Vita
por cada 9 Nintendo 3DS, cando se imos aos datos das últimas semanas temos a
unha consola portátil que está a custarlle atopar un lugar no mercado, tendo como principal competidor á súa predecesora (a PSP) en vez de ao seu rival natural (a 3DS).
