Asus quere levar o éxito do Eee a novos produtos

mércores, 30 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Jerry Shen presentando o E-TV

O éxito do ordenadores ultraportátiles Asus Eee PC leva a Asustek a preparar unha nova liña de produtos de electrónica de consumo coma será o Asus E-DT (versión de sobremesa o Eee que custará entre 200 e 300 dólares), o televisor de 42 polgadas E-TV (que integrará un ordenador con Linux, o que incrementaría o seu prezo con respecto a outros televisores nuns 200 dólares) e o E-Monitor (que é un ordenador de sobremesa integrado nun monitor de 19 ou 21 polgadas incorporando tamén sintonizador de televisión e que se venderá uns 499 dólares).
Estes 3 novos produtos foron anunciados polo presidente da compañía, Jerry Shen, quen estimou que os seus lanzamentos serían en abril ou maio (o E-DT) e setembro (o E-TV e o E-Monitor). Con estes novos produtos Asus pretende incrementar o seu negocio en pantallas LCD, que ten moi pouca presenza no mercado.