Até 15 bibliotecas públicas galegas galardoadas nos Premios María Moliner 2023
luns, 7 de agosto do 2023
A
Delegación
do Goberno informou de que o Ministerio de Cultura vén de premiar 15
proxectos de animación á lectura presentados por bibliotecas
públicas municipais de Galicia nos Premios María Moliner deste ano.
Estes galardóns son concedidos polo Ministerio en colaboración coa
Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e distinguen
servizos que leven a cabo proxectos innovadores de animación á
lectura, de eficiencia, de integración social e de afianzamento do
uso das novas tecnoloxías da información.
Están
dirixidos a propostas presentadas por bibliotecas de concellos de
menos de 50.000 habitantes. O importe total co que foron galardoadas
as bibliotecas de Galicia ascende a 41.580 euros a razón de 2.772
euros por biblioteca e proxecto.
O
programa, sinala a Delegación, “presenta unha gran importancia
estratéxica no acceso ao libro e a lectura, xa que aproximadamente a
metade da poboación española reside en municipios de menos de
50.000 habitantes”. O obxectivo da campaña é, seguindo o ideal da
propia María Moliner, que calquera lector en calquera lugar poida
conseguir o libro que lle interese.
Premiáronse
5 proxectos en municipios da provincia da Coruña, 4 na de Ourense, 4
na de Pontevedra e 2 na de Lugo. O Goberno destaca as propostas
presentadas polos concellos de Ares, Carballo, Miño, Oleiros,
Ortigueira, Ares, Verín, Barbadas, Cenlle, Esgos, Guitiriz, Sober, O
Grove, Cambados, Soutomaior e Catoira.