ata 45 estudantes galegos participaron hoxe na feira da innovación da Tecnópole
mércores, 4 de novembro do 2009
Xa o anunciamos onte: a Tecnópole Ãa ser este mércores 4 de novembro un fervedoiro de novos talentos á procura do seu camiño particular no eido da investigación futura. Potencial semella non faltar: os asistentes ao programa TIC-TAC! (pois asà se chama esta feira de inventos e innovación organizada por FEUGA e a Tecnópole) estiveron a presentar hoxe aparellos do máis variado, dende un parasol eléctrico para coches ata un sistema para aforrar auga na ducha, pasando por unha ferramenta informática que lle fai a competencia mesma ao xigante Google, pero co valor engadido de ter feita dende aquà e por desenvolvedores non profesionais.
No encontro participan ao longo de toda a xornada de hoxe (en sesións formativas de previsión e xestión de custos e recursos) once equipos de estudantes de Secundaria de toda a nosa xeografÃa. En total, informa a organización, trátase de 45 estudantes distribuÃdos en equipos, cada un deles acompañado dun profesor.
Pola provincia da Coruña acoden un equipo do IES Agra do Orzán (A Coruña) e cinco do IES RosalÃa de Castro (Santiago). De Lugo chegaron dous grupos do IES Xoán Montes. Por Ourense participan dous equipos do Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar) e un da Universidade Laboral de Ourense.
Cómpre sinalar que a iniciativa, que consiste nun obradoiro continuo de desenvolvementos e presentacións deses desenvolvementos, tivo unha primeira toma de contacto hai quince dÃas en Santiago, sendo a xuntanza de hoxe en Ourense unha canle para dar forma empresarial aos inventos propostos. De feito, o programa desta sesión do 4 de novembro inclúe encontros formativos con profesionais dos eidos da innovación, da planificación empresarial, do márketing e do emprendemento. O seu obxectivo: guiar ás rapazas e rapaces para que poidan perfilar nas vindeiras semanas os seus plans de negocio. Por certo que está previsto que o dÃa 17 de novembro presenten os seus proxectos en Santiago.
Os vindeiros 25, 26 e 27 de novembro, os participantes darán a coñecer os seus proxectos ao público nunha sección especial de Galiciencia 2009, a feira cientÃfica que Tecnópole organiza en Ourense cada ano con motivo da Semana da Ciencia.
